The Simpsons (tempada 2)

A segunda tempada da serie animada The Simpsons foi emitida orixinalmente dende o 11 de outubro de 1990 até o 9 de maio de 1991, e tivo vinte e dous episodios, comezando con «Bart Gets an "F"». Outro episodio, «Blood Feud», estreouse durante o verán, despois do final oficial da tempada. Os produtores executivos para a produción da segunda tempada foron Matt Groening, James L. Brooks, e Sam Simon, quen xa o foron durante a tempada anterior.[1] A versión en DVD foi lanzada á venda o 6 de agosto de 2002 na Rexión 1, o 8 de xullo de 2002 na Rexión 2 e en setembro do mesmo ano na Rexión 4. O episodio Homer vs. Lisa and the 8th Commandment gañou un premio Emmy na categoría "Mellor programa animado (de duración menor a unha hora)", e foi tamén nomeado en "Son destacado nunha serie de comedia ou especial".[2]

  1. Richmond & Coffman & Groening (1997), p. 34
  2. Emmy Awards official site "The Simpsons" "1991 - 1991" emmys.org. Consultado el 7 de noviembre de 2008.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne