A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios.
O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons. Isto fíxose co fin de aliviar algo da tensión soportada polo equipo de guionistas de The Simpsons, como o sentir de que a produción de 25 episodios nunha tempada era demasiado.
Os primeiros dous episodios, Bart of Darkness e Lisa's Rival, foron tomados da tempada previa, xa que a produción demorouse polo terremoto de Northridge de 1994.[1] [2] O produtor executivo da tempada foi David Mirkin.[3] O episodio A Star is Burns causou certa controversia entre os produtores, xa que Matt Groening sacou o seu nome dos créditos do episodio, ao velo como unha publicidade para The Critic, a cal se emitía por ese entón.[4] Fox volveu situar a The Simpsons ao seu horario orixinal dos domingos, sendo emitido os xoves durante as tres tempadas previas. Dende entón, a súa emisión continuou nese día.[5]