The Simpsons (tempada 8)

A oitava tempada da serie de animación The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 27 de outubro de 1996 até o 18 de maio de 1997, comezando con « Treehouse of Horror VII». Os produtores executivos da oitava tempada foron Bill Oakley e Josh Weinstein.[1]​ A tempada contivo dous episodios que orixinalmente foron producidos para a sétima, a cal tamén foi producida por Oakley e Weinstein. Tamén incluíu dous episodios nos cales os show runners foron Al Jean e Mike Reiss.

A oitava tempada gañou varios premios, incluíndo dous premios Emmy: «Homer's Phobia» gañou o premio Mellor Programa Animado (de duración menor a unha hora) en 1997,[2]​ e Alf Clausen e Ken Keeler gañaron na categoría «Mellor Logro Individual en Música e Letras» coa canción «We Put The Spring In Springfield» do episodio «Bart After Dark».[3] Clausen tamén recibiu un nomeamento para os Emmy por «Mellor Dirección Musical» por «Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious».[4] «Brother from Another Series» foi nomeado para os Emmy por «Son dunha Serie de Comedia ou un Especial».[5]​ Por «Homer's Phobia», Mike Anderson gañou o Premio Annie ao «Mellor Logro Individual: Dirección dunha Produción Televisiva», e o premio WAC por «Mellor Director dunha Serie de Horario Central» na Celebración de Animación Mundial de 1998.[6]​ A Gay & Lesbian Alliance Against Defamation premiou ao episodio co premio GLAAD Media por «Mellor Episodio de Televisión».[7]

A versión en DVD foi lanzada á venda na Rexión 1 o 15 de agosto de 2006, na Rexión 2 o 2 de outubro de 2006, e na Rexión 4 o 27 de setembro de 2006. Os DVD foron lanzados en dúas formas distintas: unha cabeza da forma da de Maggie para unir as formas das cabezas de Marge e Homer das tempadas anteriores, e tamén unha caixa rectangular estándar. Como o compilado da sétima tempada, ambas as versións están á venda por separado.

  1. Richmond e Coffman, 1997, pp. 210-211.
  2. "1996–1997 Emmy Awards". Infoplease (en inglés). 
  3. Keeler, Ken (2006). Comentario de DVD de The Simpsons, tempada 8, episodio "Bart After Dark" (DVD). 20th Century Fox. 
  4. "Every show, every winner, every nominee". The Envelope (en inglés). 
  5. Associated Press, "49th Annual Primetime Emmy Nominations," The Globe and Mail, 25 de xullo de 1997, p. C.9.
  6. Kenyon, Heather. "The World Animation Celebration: Pasadena's Festival". Animation World Magazine (en inglés). 
  7. Alberti, John, ed. (2003). Leaving Springfield: 'The Simpsons' and the Possibility of Oppositional Culture (en inglés). Wayne State University Press. p. 241. ISBN 0-8143-2849-0.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne