The Twilight Singers | |
---|---|
Orixe | Nova Orleáns (Luisiana), |
Período | 2000 - actualidade |
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, One Little Indian, Sub Pop |
Membros | Greg Dulli Dave Rosser Scott Ford Greg Wieczorek Rick Nelson |
Antigos membros | Cully Symington Jon Skibic Michael Sullivan John Nooney Mathias Schneeberger Peter Adams Manuel Agnelli Shawn Smith Harold "Happy" Chichester Bobby MacIntyre Brian Young Jeff Klein Michael Horrigan |
Artistas relacionados | The Afghan Whigs, The Gutter Twins, Mark Lanegan, Mandrake Project |
Na rede | |
thetwilightsingers.com | |
The Twilight Singers é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Nova Orleáns (Luisiana). O grupo formouse inicialmente como un proxecto paralelo de Greg Dulli, líder de The Afghan Whigs en 1997. Despois de que esta banda se separase, Dulli usou a The Twilight Singers como o seu propio vehículo artístico, e ata a data leva editados cinco álbums de estudio apoiados por xiras mundiais.