The Used | |
---|---|
Orixe | Orem, Utah, |
Período | 2001 - presente |
Xénero(s) | emo, screamo, post-hardcore, punk rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Hopeless Records, Reprise Records |
Membros | Jeph Howard Bert McCracken Dan Whitesides Justin Shekoski |
Antigos membros | Branden Steineckert Quinn Allman |
Artistas relacionados | Dumb Luck, Strange Itch, Saosin, Rancid |
Na rede | |
theused.net | |
The Used é unha banda estadounidense de rock formada en Orem, Utah no ano 2001. O grupo está composto polo vocalista Bert McCracken, o guitarrista Justin Shekoski, o baixista Jeph Howard e o batería Dan Whitesides.
O grupo asinou con Reprise Records e chegou á fama en xuño de 2002 tras o seu álbum de estrea, The Used. A este seguíronlle In Love and Death en setembro de 2004 e Lies for the Liars en maio de 2007. Shallow Believer, un EP que contaba coa meirande parte das caras b da banda, lanzouse en febreiro de 2008. Ese ano pasárono traballando no seu cuarto álbum, Artwork, que sería publicado en agosto de 2009.[1] O seu quinto traballo, Vulnerable, apareceu en marzo de 2012 a través do selo independente Hopeless Records. No verán de 2013 lanzaron outro EP titulado The Ocean of the Sky. O seu sexto álbum, Imaginary Enemy, editouse en abril de 2014 e o sétimo, The Canyon, o 27 de outubro de 2017.[2]