The View | |
---|---|
Orixe | Dundee, Escocia, Reino Unido |
Período | 2005 - actualidade |
Xénero(s) | indie rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG |
Membros | Kyle Falconer Kieren Webster Steven Morrison |
Na rede | |
theviewareonfire.com | |
The View é unha banda escocesa de indie, punk, tamén considerada de rock alternativo. Son orixinarios de Dryburgh, Dundee.
Publicaron os sinxelos "Superstar Tradesman" e "Wasted Little Djs".
En 2007 publicaron o seu primeiro disco de estudo, Hats off to the buskers (Sony BMG Music), con cancións como Posh boys ou Same jeans, ademais dos anteriores sinxelos. Causaron moitísima expectación no Reino Unido.
O seu estilo musical semella ao doutros grupos británicos de recente aparición, como os Arctic Monkeys ou Hard-Fi.