The Adventures of Tom Bombadil | |
---|---|
Título orixinal | The Adventures of Tom Bombadil |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Ilustrador/a | Pauline Baynes |
Cuberta | Pauline Baynes |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | ![]() |
Data de pub. | ![]() |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 304 |
ISBN | ISBN 978-0007557271 |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Adventures of Tom Bombadil é unha colección de poesía de J. R. R. Tolkien publicada en 1962. O libro contén 16 poemas, dous dos cales protagonizados por Tom Bombadil, un personaxe co cal se encontra Frodo Bulseiro no Señor dos Aneis. O resto dos poemas é unha variedade de versos de bestiario e rimas de contos de fadas. Tres dos poemas aparecen tamén no Señor dos Aneis tamén. O libro forma parte do legendarium da Terra Media.[1]
O volume inclúe o poema The Sea-Bell, subtitulado Frodos Dreme, que W. H. Auden considera o mellor poema de Tolkien. É unha peza de complexidade métrica e rítmica que relata unha viaxe a unha estraña terra alén do mar. Baseada na poesía medieval e na poesía irlandesa "immram", a peza é claramente melancólica e a nota final é de alienación e desencanto.[2]