The Book of Lost Tales | |
---|---|
Título orixinal | The Book of Lost Tales |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Colección | The History of Middle-earth |
Tema(s) | O legendarium de Tolkien |
Xénero(s) | Colección de historias |
Editorial | George Allen & Unwin |
Data de pub. | 28 de outubro de 1983 (volume 1) 16 de agosto de 1984 (volume 2) |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 297 (volume 1, primeira edición) 400 (volume 2, primeira edición) |
ISBN | ISBN 0-395-35439-0 (vol 1) ISBN 0-395-36614-3 (vol 2) |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Book of Lost Tales é unha colección de historias do escritor inglés J. R. R. Tolkien, publicada como os primeiros dous volumes da serie de 12 volumes de Christopher Tolkien The History of Middle-earth, no cal presenta e analiza os manuscritos daquelas historias, as cales forman a máis antiga forma (comezou en 1917) da mitoloxía ficticia que posteriormente formaría parte do Silmarillion. A cada un dos contos séguenlle notas e un comentario detallado de Christopher Tolkien.[1]
Para a publicación do libro dividiuse o contido en dous volumes: The Book of Lost Tales 1 (1983) e The Book of Lost Tales 2 (1984), mais isto foi simplemente unha división editorial. Ámbolos dous volumes están separados en diversos "contos perdidos".