The Byrds | |
---|---|
The Byrds nun concerto en 1972. | |
Orixe | Os Ánxeles, California, |
Período | 1964 – 1973 1989 – 1991 2000 |
Xénero(s) | rock, pop, folk rock, rock psicodélico, raga rock, country rock |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, Asylum, Elektra |
Membros | Roger McGuinn Gene Clark David Crosby Chris Hillman Michael Clarke Kevin Kelley Gram Parsons Clarence White Gene Parsons John York Skip Battin |
Na rede | |
http://www.byrds.com/ | |
The Byrds foi unha banda estadounidense de rock, formada nos Ánxeles, California en 1964. A banda sufriu varios cambios na súa formación durante a súa existencia, sendo o seu líder Roger McGuinn (coñecido como Jim McGuinn) un único membro permanente ata que o grupo se desfixo en 1973. Aínda que só logrou acadar o éxito comercial de contemporáneos como The Beatles, The Beach Boys e The Rolling Stones durante un curto período de tempo (1965–66), The Byrds hoxe en día é considerada polos críticos como unha das bandas máis influentes dos anos 60. Inicialmente, foi pioneira do folk rock, mesturando a influencia dos Beatles e doutras bandas da British Invasion coa música folk contemporánea e tradicional. A medida que os 60 avanzaban, o grupo tamén foi influente nas orixes do rock psicodélico, o raga rock e o country rock. Ademais, a típica mestura da banda de harmonías claras de voz e o son metálico da guitarra Rickenbacker de 12 cordas de McGuinn continuou sendo influente na música popular ata a actualidade. Entre as cancións máis perdurables da banda están a versión de Bob Dylan "Mr. Tambourine Man" e a de Pete Seeger "Turn! Turn! Turn! (to Everything There is a Season)", xunto coas propias "I'll Feel a Whole Lot Better", "Eight Miles High", "So You Want to Be a Rock 'n' Roll Star", "Ballad of Easy Rider" e "Chestnut Mare".