The Cult | |
---|---|
Orixe | Bradford, Yorkshire, Inglaterra |
Período | 1984 – 1995 1999 – presente |
Xénero(s) | rock gótico, post-punk, rock alternativo, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Beggars Banquet, Atlantic, Roadrunner, Sire, Warner Bros., Aderra, Cooking Vinyl |
Membros | Ian Astbury Billy Duffy John Tempesta Chris Wyse |
Artistas relacionados | Southern Death Cult, Theatre of Hate, Guns N' Roses |
Na rede | |
http://www.thecult.us/ | |
The Cult é unha banda inglesa de rock gótico formada en Bradford, Yorkshire en xaneiro do ano 1984, sucesora da banda Death Cult. Gañou popularidade no Reino Unido a mediados dos anos 80 como grupo post-punk con sinxelos como "She Sells Sanctuary", antes de irromper no mainstream estadounidense a finais da década como unha banda de hard rock co tema "Love Removal Machine". Dende a súa primeira formación a banda pasou por varios cambios nas súas ringleiras, sendo os membron máis duradeiros o vocalista Ian Astbury e o guitarrista Billy Duffy, os seus dous compositores.