The Dozens

The Dozens, en galego: As Ducias, é un xogo que se xoga entre dous participantes, no que se insultan ata que un deles se rende. Común nas comunidades afroamericanas, o Dozens xógase case exclusivamente diante dun público, que anima aos participantes a responder con insultos cada vez máis severos para aumentar a tensión e, en consecuencia, facer o concurso máis interesante de ver.[1]

Os comentarios do xogo poden centrarse na intelixencia, aparencia, competencia, estado social e situación financeira do xogador contrario. Os comentarios despectivos sobre os membros da familia do outro xogador son comúns, especialmente sobre as súas nais.[2] Os comentarios adoitan estar relacionados con temas sexuais, esta versión do xogo denomínase "Dirty Dozens".[3]

Segundo o sociólogo Harry Lefever e o xornalista John Leland, o xogo é xogado case na súa totalidade por afroamericanos; outros grupos étnicos adoitan non entender como xogar e poden tomarse en serio as observacións dos que xogan.[Notas 1] A súa popularidade é maior entre as comunidades urbanas e de baixos ingresos, pero tamén se atopa en ambientes rurais e de clase media. Participan tanto homes coma mulleres, pero o xogo é máis común entre homes.[4]

  1. Leland, John (2005). Hip: The History. HarperCollins. ISBN 978-0-06-052818-8. 
  2. Jeffries, Stuart (2006). "The mother of all insults". The Guardian. 
  3. Chimezie, Amuzie (1976). "The Dozens: An African-Heritage Theory". Journal of Black Studies 6 (4): 401–420. 
  4. Lefever, Harry (1981). ""Playing the Dozens": A Mechanism for Social Control". Phylon 42 (1): 73–85. 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "Notas", pero non se atopou a etiqueta <references group="Notas"/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne