The Go-Betweens | |
---|---|
Orixe | Brisbane, Australia |
Período | 1977 – 1989 2000 – 2006 |
Xénero(s) | indie rock, jangle pop |
Selo(s) discográfico(s) | Able, Missing Link, Rough Trade, True Tone, Beggars Banquet, Postcard, Capitol, LO-MAX |
Na rede | |
http://www.go-betweens.net/ | |
The Go-Betweens foi unha banda de indie rock formada en Brisbane, Australia en 1977 polos cantantes, compositores e guitarristas Robert Forster e Grant McLennan. Posteriormente uníronselles Lindy Morrison na batería, Robert Vickers no baixo e Amanda Brown no violín, óboe, guitarra e coros, antes de separarse a finais de 1989. Forster e McLennan reformaron a banda no ano 2000 cunha nova formación. McLennan morrería o 6 de maio do 2006 dun ataque ao corazón e The Go-Betweens desfaríase novamente.
En 1988, "Streets of Your Town", o primeiro sinxelo do álbum 16 Lovers Lane, converteríase no maior éxito da banda nas listas australianas e británicas. O seguinte sinxelo, "Was There Anything I Could Do?", sería número 16 na Billboard Modern Rock Tracks estadounidense. En maio do 2001, "Cattle and Cane", do álbum de 1983 Before Hollywood, foi escollida pola Australasian Performing Right Association (APRA) como unha das 30 mellores cancións australianas de todos os tempos.