The Head on the Door | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Cure | ||||
Publicado | 26 de agosto de 1985 | |||
Gravación | 1985 | |||
Estudio(s) | Angel Studios en Londres | |||
Duración | 37:46 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Fiction Records (RU) Elektra Records (EEUU) Rhino Records (reedición do 2006) | |||
Produtor | Robert Smith e Dave Allen | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://www.thecure.com/release/the-head-on-the-door/ | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Head on the Door é o sexto álbum de estudio da banda inglesa The Cure, editado o 26 de agosto de 1985. O álbum foi o primeiro en contar co batería Boris Williams, e tamén é o regreso de Simon Gallup e o primeiro traballo de Porl Thompson como membro oficial da banda.
No ano 2006 o ábum foi reeditado por Universal, a través dos seus selos Fiction Records/Polydor Records, remasterizado dixitalmente con varias demos e cancións ao vivo da época. Incluironse as demos das catro caras-b da época ("The Exploding Boy", "A Few Hours After This", "A Man Inside My Mouth" e "Stop Dead"), e catro cancións que nunca se editaran. Os temas restantes son demos ou versións ao vivo das 10 cancións do primeiro disco. Esta edición foi publicada o 8 de agosto nos Estados Unidos (onde o álbum foi lanzado por Rhino Entertainment/Elektra Records) e o 14 de agosto no Reino Unido.
Unha das catro novas cancións, "Mansolidgone", é semellante tanto musicalmente como na letra a outra demo, "A Hand Inside My Mouth" (non confundir con "A Man Inside My Mouth"), que aparece na edición de luxo de The Top. As letras de ámbalas dúas cancións, e o demo "Lime Time" teñen letras que serían usadas posteriormente nas cancións "Inbetween Days" e "Six Different Ways".