The Hellacopters | |
---|---|
Orixe | Estocolmo, Suecia |
Período | 1994 - 2008 |
Xénero(s) | garage rock, garage punk, garage rock revival, punk rock, hard rock, powerpop |
Selo(s) discográfico(s) | Man's Ruin, Sub Pop, Universal, Gearhead, White Jazz |
Membros | Nicke Royale Jens Robert Dahlqvist Kenny Håkansson Matz Robert Eriksson Anders |
Artistas relacionados | Entombed, Backyard Babies, Thunder Express, Death Breath, MC5, Dundertåget, Imperial State Electric, Nihilist, Diamond Dogs, Tramp, The Solution, The Hydromatics |
Na rede | |
hellacopters.com | |
The Hellacopters foi unha banda sueca de garage rock formada en 1994 por Nicke Andersson (voces e guitarra), Dregen (guitarra), Kenny Håkansson (baixo) e Robban Eriksson (batería). Despois de editar o seu álbum de debut en 1996 a banda recrutou a Anders Lindström (piano e órgano) e ao pouco tempo actuarían de abreconcertos para Kiss. Dregen deixou a banda despois do lanzamento do seu segundo traballo para centrarse na súa outra banda, Backyard Babies, e coa axuda de Mattias Hellberg e Danne Andersson o grupo rematou a xira de presentación do álbum antes de gravar o terceiro disco. Despois da gravación de Grande Rock en 1998 Robert Dahlqvist foi contratado como substitución de Dregen na guitarra. A banda editou outros tres álbums con material propio e un máis de versións antes de anunciar a súa separación en outubro do ano 2008 despois dunha xira por Europa e da edicióndun disco dobre en directo. The Hellacoopters foi, xunto con The Hives, unha das máis importantes bandas suecas de garage rock revival e unha das máis influentes bandas do país.