The Holy Bible | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Manic Street Preachers | ||||
Publicado | 29 de agosto de 1994 | |||
Gravación | 1994 | |||
Estudio(s) | Soundspace Studios, Cardiff | |||
Duración | 56:17 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Epic | |||
Produtor | Steve Brown, Manic Street Preachers | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Holy Bible é o terceiro álbum da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, editado o 29 de agosto de 1994 polo selo Epic Records.
Aínda que chegou ao número 6 na lista británica de álbums, inicialmente as vendas globais foron decepcionantes en comparación cos discos anteriores, e o traballo non entrou en listas da Europa continental ou de América do Norte. Foi promocionado con xiras e aparicións en festivais no Reino Unido, Irlanda, Alemaña, Portugal, Países Baixos e Tailandia, en parte sen Edwards. The Holy Bible recibiu unha ampla aclamación da crítica e vendeu máis de medio millón de copias en todo o mundo ata 2014. O disco ten aparecido con frecuencia nas listas dos mellores álbums de todos os tempos de publicacións musicais británicas como Melody Maker, NME e Q.[1][2][3]