The Human Fear

The Human Fear
Álbum de Franz Ferdinand
Publicado10 de xaneiro de 2025
Estudio(s)AYR, Escocia
Duración35:15
Selo(s)Domino
ProdutorMark Ralph
Cronoloxía
Hits to the Head
(2022)
The Human Fear -
editar datos en Wikidata ]

The Human Fear é o sexto álbum de estudio da banda escocesa de indie rock Franz Ferdinand, publicado o 10 de xaneiro de 2025 a través do selo Domino Recording Company.[1] É o primeiro álbum de estudio do grupo co batería Audrey Tait, que substituíu ao membro orixinal Paul Thomson en 2021. O disco gravouse nos estudios AYR en Escocia e foi producido por Mark Ralph, que xa traballara coa banda no seu álbum de 2013 Right Thoughts, Right Words, Right Action.[1][2]

O título do traballo (que podería traducirse como o medo humano) refírese ao concepto lírico principal do álbum de medo e "buscar a emoción de ser humano a través dos medos", tal e como describe o líder da banda Alex Kapranos.[2] Kapranos afirma ademais que o álbum aborda certos tipos específicos de medo, como "o medo ao illamento social, o medo a abandonar unha institución, [e] o medo a saír ou permanecer nunha relación".[3]

  1. 1,0 1,1 "The Human Fear, by Franz Ferdinand". Franz Ferdinand (en inglés). Consultado o 2025-01-10. 
  2. 2,0 2,1 "Franz Ferdinand announce new album 'The Human Fear'". Domino Recording Company (en inglés). Consultado o 2025-01-10. 
  3. Trendell, Andrew (2024-09-11). "Franz Ferdinand return with 'Audacious' and tell us about new album 'The Human Fear'". NME (en inglés). Consultado o 2025-01-10. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne