Os filmes de The Hunger Games conforman unha tetraloxía cinematográfica realizada entre 2012 e 2015. Realizouse un filme por cada libro da saga agás do último volume, que se dividiu en dous filmes. Está baseada na triloxía de novelas The Hunger Games, escrita pola autora estadounidense Suzanne Collins. As longametraxes foron producidas pola compañía Lionsgate. Unicamente o primeiro filme foi dobrado ao galego.