The National | |
---|---|
Orixe | Cincinnati, Ohio, |
Período | 1999 - presente |
Xénero(s) | indie rock, post-punk revival, chamber rock |
Selo(s) discográfico(s) | 4AD, Beggars Banquet, Brassland |
Membros | Matt Berninger Aaron Dessner Bryce Dessner Bryan Devendorf Scott Devendorf |
Artistas relacionados | EL VY, LNZNDRF, Pfarmers, Clogs, Sufjan Stevens, Bon Iver, Lisa Hannigan, Sharon Van Etten, St. Vincent |
Na rede | |
americanmary.com | |
The National é unha banda estadounidense de indie rock formada por nativos de Cincinnati, Ohio no ano 1999, aínda que na actualidade está establecida en Brooklyn, Nova York.[1] As letras do grupo están escritas e cantadas por Matt Berninger. O resto de The National está composto por dous pares de irmáns: Aaron (guitarra e teclados) e Bryce Dessner (guitarra), e Scott (baixo) e Bryan Devendorf (batería). Carin Besser non é membro de The National, pero compuxo letras para a banda xunto co seu marido, Berninger, dende o álbum de 2007 Boxer.[2]
Fundada por Matt Berninger, Aaron Dessner, Scott Devendorf e Bryan Devendorf, The National publicou o seu álbum de estrea autotitulado, The National (2001), a través de Brassland Records, un selo independente fundado por Aaron e o seu irmán xemelgo Bryce Dessner. Bryce, que axudara na gravación do disco, uniuse pouco despois á banda, participando como membro permanente na gravación do seguinte traballo, Sad Songs for Dirty Lovers (2003).
The National é comparada a miúdo con Joy Division, Leonard Cohen, Wilco e Nick Cave & the Bad Seeds. O nome da banda foi escollido porque "non significaba nada" e era "benigno e carente de sentido".