Primeira temporada de The Simpsons | |
---|---|
Tempada de The Simpsons | |
Orixe | Estados Unidos |
Nº de episodios | 13 |
Emisión | |
Canle orixinal | FOX |
Emisión orixinal | 17 de decembro de 1989- 13 de maio de 1990 |
Cronoloxía |
A primeira temporada de The Simpsons foi estreada orixinalmente entre o 17 de decembro de 1989 e o 13 de maio de 1990, comezando co especial de Nadal "Simpsons Roasting on an Open Fire". Os produtores executivos para a produción da temporada foron Matt Groening, James L. Brooks e Sam Simon[1].
A temporada foi preparada para estrearse no outono de 1989 co episodio "Some Enchanted Evening", o cal ía presentar os personaxes principais[2]. Porén, durante a primeira proxección do episodio os produtores descubriron que a animación era desastrosa e o 70% tivo que volverse facer[3]. Os produtores consideraron a cancelación da serie se o seguinte episodio tamén estaba igual de mal animado, pero só sufriu pequenos problemas de sinxela solución. Deste xeito, os produtores convenceron á FOX para atrasar a estrea ata o 17 de decembro, e estreando "Simpsons Roasting on an Open Fire" como o primeiro episodio da serie[2].
A primeira temporada gañou un Premio Emmy e recibiu catro nomeamentos máis. Aínda que as series de televisión só poden ter nomeado un episodio por categoría, "Simpsons Roasting on an Open Fire" foi considerado como un episodio especial á parte e foi nomeado xunto a "Life on the Fast Lane" para a categoría "Outstanding Animated Program"; "Life on the Fast Lane" gañou o premio. "Simpsons Roasting on an Open Fire" tamén foi nomeado a "Outstanding Editing in a Miniseries or Special", mentres que "The Call of the Simpsons" foi nomeado na categoría "Outstanding Individual Achievement in Sound Mixing for a Comedy Series or a Special". A canción principal da serie, composta por Danny Elfman, foi nomeada na categoría "Outstanding Achievement in Main Title Theme Music"[4].