The Vaselines | |
---|---|
![]() A banda no Festival do Norte 2011 | |
Orixe | Edimburgo, Escocia ![]() |
Período | 1986 - 1990 2008 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, indie pop, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Sub Pop, K Records, 53rd & 3rd |
Membros | Eugene Kelly Frances McKee Stevie Jackson Bobby Kildea Michael McGaughrin |
Antigos membros | James Seenan Charlie Kelly |
Artistas relacionados | The Pastels, Eugenius, The Painkillers, Suckle, Teenage Fanclub, The Reindeer Section, Nirvana, BMX Bandits, Belle and Sebastian, The 1990s, Beat Happening, The Pretty Flowers, The Famous Monsters |
Na rede | |
thevaselines.co.uk | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Vaselines é unha banda de rock alternativo procedente de Glasgow. Formouse na cidade de Edimburgo no ano 1986 orixinalmente como un dúo composto polos compositores Eugene Kelly e Frances McKee, pero posteriormente entraron no grupo James Seenan e Charlie Kelly, irmán de Eugene, no baixo e na batería respectivamente. McKee fora antigamente membro dun grupo chamado The Pretty Flowers con Duglas T. Stewart, Norman Blake, Janice McBride e Sean Dickson. Eugene Kelly tocara en The Famous Monsters. A banda fíxose famoso grazas a Nirvana, que versionou tres dos seus temas, "Son of a Gun", "Molly's Lips" e "Jesus Doesn't Want Me for a Sunbeam".