Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
The Velvet Underground | |
---|---|
Orixe | Nova York, |
Período | 1964 - 1973 1990 1992 - 1994 1996 2009 |
Xénero(s) | rock experimental, protopunk, art-rock, blues-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Verve (1966–1968), M·G·M (1968–1969), Atlantic (1969–1972), Polydor (1972–1973), Mercury (1974), Sire (1993–1994). |
Membros | Willie Alexander John Cale Angus Maclise Sterling Morrison Walter Powers Lou Reed Maureen Tucker Doug Yule |
Na rede | |
http://www.velvetundergroundmusic.com/ | |
The Velvet Underground foi unha banda estadounidense formada en Nova York. Foi un dos grupos máis importantes da historia do rock e tiveron unha influencia determinante nos últimos 35 anos. Cando o soño hippie fascinaba cos discos excelentes de xente coma Grateful Dead ou The Byrds, nas letras de The Velvet Underground falábase de sufrimento, de marxinación e de dor. Aínda que nun primeiro momento pasaran desapercibidos, moitas bandas posteriores reivindicaron o seu patrimonio artístico e hoxe en día son recoñecidos coma un punto e á parte na evolución do rock cara a diferentes formas de expresión.