Thermoplasmatales é unha orde de arqueas da clase Thermoplasmata.[1] Todas son acidófilas, crecen optimamente a pH por debaixo de 2. O xénero Picrophilus é actualmente o máis acidófilo coñecido e pode vivir a un pH de só 0,06.[2] Moitos destes organismos non teñen parede celular, aínda que Picrophilus si a ten. A maioría dos seus membros son termófilos.
- ↑ Ver no NCBI a páxina para Thermoplasmatales. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2007-03-19.
- ↑ Life in the Universe: Expectations and Constraints