Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1937 Sereh, Indonesia |
Morte | 10 de novembro de 2001 (64 anos) Jayapura, Indonesia |
Causa da morte | homicidio, estrangulamento |
Lugar de sepultura | Jayapura |
Actividade | |
Ocupación | político |
Dortheys Hiyo Eluay, tamén coñecido como Theys Hiyo Eluay, nado en Sereh o 3 de novembro de 1937, e finado en Jayapura o 10 de novembro de 2001, foi un líder político do Movemento Papúa Libre, dirixente do Consello do Presidium de Papúa (Presidium Dewan Papua). Caracterizado por adoptar un papel ambivalente entre o unionismo indonesio e o independentismo papúa, morreu asasinado a mans dun escuadrón do Kopassus, unha unidade especial do exército indonesio.