Thiomargarita magnifica é unha especie de gammaproteobacteria filamentosa oxidadora de xofre que crece baixo a auga sobre follas desprendidas de mangleiro vermello no arquipélago de Guadalupe nas Antillas menores.[2] É a bacteria máis grande coñecida, cunha lonxitude media de 10 milímetros e algúns individuos acadan os 20 mm.[3] A bacteria describiuse nunha prepublicación aparecida en febreiro de 2022.[4] Foi descuberta orixinalmente a principios da década de 2010 por Olivier Gros da Universidade das Antillas Francesas en Pointe-à-Pitre, mais inicialmente non conseguiu atraer moita atención (Gros naquel momento pensaba que era un fungo[5]). Gros e outros investigadores tardaron cinco anos en descubrir que era unha bacteria e pasaron uns poucos anos máis ata que Jean-Marie Volland, un estudante graduado que traballaba con Gros, decatouse das súas propiedades pouco comúns.[3]
Thiomargarita significa "perla do xofre", debido á aparencia das súas células, as cales conteñen gránulos de xofre microscópicos que dispersan a luz incidente, dándolle á célula un brillo de perla. Existe outra especie deste xénero atopada en África, Thiomargarita namibiensis. O nome específico magnifica foi elixido pola investigadora que a identificou como bacteria, Silvina González Rizzo.[6]
- ↑ Volland, Jean-Marie; Gonzalez Rizzo, Silvina; Gros, Olivier; Tyml, Tomáš; Ivanova, Natalia; Schulz, Frederik; Goudeau, Danielle; Elisabeth, Nathalie H; Nath, Nandita; Udwary, Daniel; Malmstrom, Rex R; Guidi-Rontani, Chantal; Bolte-Kluge, Susanne; Davies, Karen M; Jean, Maïtena R; Mansot, Jean-Louis; Mouncey, Nigel J; Angert, Esther; Woyke, Tanja; Date, Shailesh V (23 de xuño de 2022). "A centimeter-long bacterium with DNA compartmentalized in membrane-bound organelles" 376 (6600). Science: 1453–1458.
- ↑ "Record bacterium discovered as long as human eyelash". BBC News. Consultado o 23 de xuño de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Pennisi, Elizabeth. Science, ed. "Largest bacterium ever discovered has unexpectedly complex cells" (en inglés). science.org. Consultado o 2022-02-24.
- ↑ Volland, Jean-Marie; Gonzalez Rizzo, Silvina; Gros, Olivier; Tyml, Tomáš; Ivanova, Natalia; Schulz, Frederik; Goudeau, Danielle; Elisabeth, Nathalie H; Nath, Nandita; Udwary, Daniel; Malmstrom, Rex R; Guidi-Rontani, Chantal; Bolte-Kluge, Susanne; Davies, Karen M; Jean, Maïtena R; Mansot, Jean-Louis; Mouncey, Nigel J; Angert, Esther; Woyke, Tanja; Date, Shailesh V (18 de febreiro de 2022). "A centimeter-long bacterium with DNA compartmentalized in membrane-bound organelles". Cold Spring Harbor Laboratory. doi:10.1101/2022.02.16.480423.
- ↑ Rogers, Peter. ""Impossibly big" bacteria rattle the field of microbiology". BigThink. Consultado o 22 de marzo de 2022.
- ↑ Ansede, Manuel (1 de marzo de 2022). "Scientists discover one-centimeter long bacterium that's visible to the naked eye". El País. Consultado o 23 de xuño de 2022.