This Station Is Non-Operational | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de At the Drive-In | ||||
Edición | 24 de maio do 2005 | |||
Gravación | 1997 - 2000 | |||
Duración | 72:09 | |||
Xénero(s) | post-hardcore | |||
Selo(s) | Fearless | |||
Producido por | Ross Robinson, Mike Major, Simon Askew | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
This Station Is Non-Operational é un recompilatorio de grandes éxitos da banda estadounidense de post-hardcore At the Drive-In, editado polo selo Fearless o 24 de maio do 2005, catro anos despois de que a banda se separase. Os seus temas collen a etapa da banda que vai dende o ano 1997 ata o 2000, sacadas dos seus traballos El Gran Orgo, In/Casino/Out, Vaya e Relationship of Command, ademais de conter varios temas menos coñecidos aparecidos en sinxelos ou unha versión non editada anteriormente do tema "This Night Has Opened My Eyes" de The Smiths. O álbum tamén inclúe un DVD cos videoclips de "Metronome Arthritis", "One Armed Scissor" e "Invalid Litter Dept.", ademais de máis contidos multimedia. Converteuse na edición da banda que máis alto subiu nas listas estadounidenses. O seu título está sacado da letra da canción "One Armed Scissor".