Thoroughbreds | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Thoroughbreds |
Director | Cory Finley |
Produtor | |
Guión | Cory Finley |
Intérpretes | |
Música | Erik Friedlander |
Fotografía | Lyle Vincent |
Montaxe | Louise Ford |
Estudio |
|
Distribuidora | Focus Features |
Estrea | Sundance: 21 de xaneiro de 2017 |
Duración | 92 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia negra e suspense |
Orzamento | 5 millóns de dólares[2] |
Recadación | 3 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Thoroughbreds é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Cory Finley. Conta a historia dunha estudante adolescente chamada Lily (Anya Taylor-Joy) e da súa emocional amiga Amanda (Olivia Cooke) que artellan matar ao padrasto de Lily (Paul Sparks) mediante un contrato cun narcotraficante (Anton Yelchin); Francie Swift interpreta á nai de Lily.
Thoroughbreds foi rodado a mediados de 2016. Dúas semanas despois de rematar a produción, Yelchin morreu nun accidente. O filme estreouse como Thoroughbred no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2017. Máis dun ano despois, o 9 de marzo de 2018, recibiu unha ampla estrea por parte de Focus Features. É o derradeiro filme estadounidense de Yelchin, e está dedicado a el.
O filme recadou 3 millóns de dólares fronte a un "orzamento de mediados de sete cifras"[2] e recibiu críticas positivas da crítica, que eloxiou a ambiciosa dirección, guión e actuacións, especialmente de Cooke e Taylor-Joy.
...yielding a film that presents an image far richer than its mid-seven-figure budget might suggest.