Thyreophora

Thyreophora ("portadores de escudos", do grego: thyreo, θυρεος, un grande escudo oblongo + phora, φορεω, eu levo), é un grupo de dinosauros ornitisquios que tiñan unha armadura ósea na parte dorsal e superior do corpo, con cornos., espiñas ou espigas. Probablemente usaron estas defensas naturais para defenderse dos depredadores, como Tyrannosaurus e Allosaurus.

A pesar do seu aspecto asustador, eran herbívoros pacíficos que vivían en rabaños. Apareceron na Terra durante o período xurásico e evolucionaron até finais do Cretáceo.[1]

  1. "Thyreophorans Dinosaur, facts - Thyreophorans extinction". www.rareresource.com. Consultado o 2025-01-15. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne