Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 12.623 (2017) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 484,34 km² ![]() | |||
A Tierra del Vino é unha terra situada no sur da provincia de Zamora (Castela e León, España)
Toma o seu nome da abundancia de viñedos que houbo dende tempos remotos, sendo os seus límites polo norte a cidade de Zamora e a Terra do Pan, ao leste o Alfoz de Toro e La Guareña, ao sur a terra de La Guareña e a provincia de Salamanca e ao oeste a terra de Sayago.
A capital tradicional da bisbarra é Corrales del Vino, aínda que hoxe en día a localidade máis poboada é Morales del Viño que é a cuarta poboación da provincia de Zamora en número de habitantes.
Esta bisbarra, a pesar do seu gran sentido de identidade, con características xeográficas, económicas, sociais e históricas afíns, non conta co necesario recoñecemento legal para o seu desenvolvemento administrativo, o que levou aos seus municipios a organizarse en mancomunidades como única fórmula legal que lles permite a optimización da xestión dalgúns servizos públicos municipais.[1]