Tigre do Caspio | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tigre do Caspio no zoo de Berlín, 1899. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Extinto iucn3.1[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Panthera tigris virgata Illiger, 1815 | |||||||||||||||||
Distribución orixinal do tigre do Caspio
|
O tigre do Caspio (Panthera tigris virgata) é unha subespecie de tigre que habitaba, antes do remate do século XX, nos escasos hábitats de bosque de ribeira do oeste e do sur do mar Caspio, dende Turquía e Irán até o deserto de Xinjiang, na China.[1] A súa dieta consitía, probablemente, en xabaríns e cervos, e en menor medida cabalos e gatos da xungla. O tigre do Caspio era un dos meirandes felinos que xamais existiron.[2][3]
Está moi relacionado co tigre siberiano.[4] Foi descrito como unha subespecie intermedia entre o siberiano e o tigre de Bengala.[5]