![]() (2005) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1965 ![]() Marine Corps Air Station Cherry Point, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Outros nomes | Herb ![]() |
Actividade | |
Ocupación | batería, músico ![]() |
Período de actividade | 1985 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Metal alternativo ![]() |
Instrumento | Batería ![]() |
Selo discográfico | Prawn Song Records (en) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | timalexander.org ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Tim "Herb" Alexander, nado en Cherry Point (Carolina do Norte) o 10 de abril de 1965, é un músico estadounidense, coñecido por ser o batería da banda Primus.[1] Tim tocou na meirande parte da discografía do grupo, incluídos algúns dos seus álbums máis coñecidos como Frizzle Fry (1990), Sailing the Seas of Cheese (1991), Pork Soda (1993) e Tales from the Punchbowl (1995). Alexander estivo na banda en tres momentod; inicialmente deixou Primus en 1996 e regresou en 2003, antes de marchar novamente en 2010 e regresar en 2013.
Aínda que Alexander ten afirmado estar inspirado inicialmente para tocar a batería por lendarios músicos como John Bonham, Neil Peart e Shaun O'Connor, o guitarrista de Primus Larry LaLonde asegura que o seu xeito de tocar está máis influenciado pola música African Jùjú.
Fóra de Primus, Alexander tocou en varios proxectos co líder de Tool Maynard James Keenan, incluídas as bandas Puscifer e A Perfect Circle, e tamén tocou no grupo de artes escénica teatrais Blue Man Group. Alexander ten sido loubado pola súa forma de tocar "polirrítmica".[2][3]