Time Out of Mind | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bob Dylan | ||||
Publicado | 30 de setembro de 1997 | |||
Gravación | 1996 - 1997 | |||
Estudio(s) | Criteria Studios, Miami | |||
Duración | 72:50 | |||
Xénero(s) | country, blues, rockabilly | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Produtor | Daniel Lanois (en asociación con Jack Frost Productions) | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Time Out of Mind é o trixésimo álbum de estudio do músico estadounidense Bob Dylan, publicado o 30 de setembro de 1997 a través do selo Columbia Records. Foi o seu primeiro disco de estudio dobre (en vinilo) dende Self Portrait, editado en 1970. O disco tamén foi lanzado como un único CD.
Para moitos fans e críticos, o álbum marcou o regreso artístico de Dylan despois de que pareceu unha loita coa súa identidade musical ao longo dos anos 80; non editara ningún material orixinal en sete anos, dende o Under the Red Sky de 1990. Time Out of Mind é aclamado como un dos mellores álbums de Dylan, e gañou tres premios Grammy, incluído o de álbum do ano, en 1998. Tamén ocupou o posto número 410 na lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos en 2012.[1]
O álbum ten un son atmosférico grazas ao traballo innovador do produtor Daniel Lanois, que colocou os micrófonos coidadosamente e realizou unha estratéxica mestura detallada por Dylan nas súas memorias, Chronicles: Volume One. Aínda que Dylan falou positivamente do estilo de produción de Lanois, non quedou satisfeito co son de Time Out of Mind.