A tinguidura de Giemsa é un método habitual para o exame de frotis sanguíneos, cortes histolóxicos e outro tipo de mostras biolóxicas. Este método ten utilidade sobre todo para manifesta-las rickettsias localizadas dentro da célula hóspede. A coloración Giemsa emprégase tamén para tinguir frotis de sangue no exame para protozoos, aínda que tamén se poden empregar outras coloracións como é a técnica de citoconcentración para parasitos sanguíneos, a cal ten un baixo custo e ofrece a posibilidade de illar e identificar no mesmo sedimento o parasito principal, con excepción dos trofozoitos máis novos e o Plasmodium falciparum. Tamén se emprega a modificación de Wright.