Titanfall | |
---|---|
![]() Logo do videoxogo. | |
Desenvolvedor(es) | Respawn Entertainment |
Distribuidora(s) | Electronic Arts |
Director(es) | Steve Fukuda |
Produtor(es) | Drew McCoy |
Deseñador(es) | Justin Hendry |
Artista(s) | Joel Emslie |
Compositor(es) | Stephen Barton |
Motor | Source[1] |
Lanzamento | 2014 |
Xénero | Tirador en primeira persoa |
Modos de xogo | Multixogador |
Clasificación | USK ![]() |
Plataforma(s) | Microsoft Windows Xbox One Xbox 360 |
Na rede | |
Páxina oficial | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Titanfall é un videoxogo multixogador de tirador en primeira persoa desenvolvido por Respawn Entertainment e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox One o 11 de marzo de 2014. Unha versión para Xbox 360 foi adaptada por Bluepoint Games e foi estreado o 8 de abril de 2014. Titanfall creou moita expectativa e volveuse un dos xogos máis agardados do ano, xa que era o primeiro título creado por algúns dos ex-produtores da exitosa serie Call of Duty.
En Titanfall, os xogadores controlan “pilotos” e os seus Titáns de estilo-"robot", nun escenario de guerra de colonias espaciais en xogos de seis contra seis. O xogo foi optimizado para ter unha fluidez rápida, axudando ó xogador con varias habilidades como a posibilidade de correr polas paredes e as poboacións de soldados controlados pola intelixencia artificial (IA). Nun único xogo poden estar até cincuenta personaxes, e a actividade que non é dada polo xogador é cargada polos servizos de computación na nube de Microsoft, mellorando así o desempeño gráfico local. O equipo de produción comezou a traballar no título no 2011, e o concepto Titán medrou dende un tamaño humano até o exoesqueleto do tamaño du tanque de batalla. O equipo quería con iso levar os elementos de "escala, verticalidade e historia"[2] para o xénero multixogador, algo tradicionalmente reservado ás campañas para un xogador. O procecto de 65 persoas sacou inspiración de Blade Runner, Star Wars, Abrams Battle Tank e Masamune Shirow de Ghost in the Shell.
O 12 de marzo de 2015 foi anunciada unha secuela, Titanfall 2, que será producida para PC, Xbox One e PlayStation 4.[3][4]