To Be Kind | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Swans | ||||
Publicado | 12 de maio de 2014 | |||
Gravación | 2013 | |||
Estudio(s) | Sonic Ranch, Tornillo, Texas | |||
Duración | 121:12 | |||
Xénero(s) | rock experimental, post-rock, noise rock | |||
Selo(s) | Young God, Mute | |||
Produtor | Michael Gira | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
To Be Kind é o décimo terceiro álbum da banda estadounidense de rock experimental Swans, publicado o 12 de maio de 2014 a través dos selos Young God Records e Mute Records. Lanzouse como triplo LP, dobre CD, e edición deluxe de 2 CDs e un DVD e actuacións ao vivo no Hellfest Open Air Festival, o Pitchfork Music Festival e o Primavera Sound Festival, ademais de como descarga dixital. A recepción da crítica foi moi positiva, continuando cunha serie de discos do grupo ben recibidos. O traballo chegou ao número 37 da lista estadounidense Billboard 200, e posteriormente estreouse no 38 da lista británica de álbums. Ámbalas dúas son as posicións máis altas conseguidas por Swans cun disco de estudio, e é a primeira vez que a banda entra no top 40 dos dous países.