Himno | Terre de nos aïeux ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Travail, Liberté, Patrie» «Work, Liberty, Homeland» «Труд, свобода, Родина» «Treball, llibertat, pàtria» «Gwaith, rhyddid, mamwlad» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Lomé ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.797.694 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua francesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 56.785 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Agou (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Golfo do Benim (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 27 de abril de 1960 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• President of Togo (en) ![]() ![]() | Faure Gnassingbé (2005–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Togo (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Victoire Tomegah Dogbé (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | National Assembly (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 8.334.047.486 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | franco CFA de África Occidental ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .tg ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +228 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 118, 117, 171 (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | TG ![]() | ||||
Sitio web | republicoftogo.com ![]() | ||||
![]() |
Togo[1][2] é un país africano. Limitado ao norte con Burkina Faso, ao leste con Benín, ao sur co golfo de Guinea e ao oeste con Ghana. No sur ten unha pequena costa no golfo de Guinea, onde se localiza a súa capital, Lomé.
Togo é unha nación tropical da África subsahariana, moi dependente da agricultura, cun clima que favorece boas colleitas. É unha das nacións máis pequenas de toda África. O idioma oficial é o francés. Fálanse outras moitas linguas, sobre todo as da familia Gbe. O grupo relixioso máis importante é o de crenzas indíxenas, seguido dunha cantidade significante de cristiáns e unha minoría musulmá. Togo é membro das Nacións Unidas, a Unión Africana, a Organización da Conferencia Islámica, a Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, a Francofonía e a Comunidade Económica de Estados de África Occidental.
Entre os séculos XI e XVI diversas tribos entraron na rexión de tódalas direccións. Ata o século XVIII a rexión costeira onde se atopa Togo recibiu o nome de Costa dos escravos, debido ao mercado existente por parte dos europeos para a busca de escravos. En 1884 Alemaña declara Togoland como protectorado. Despois da primeira guerra mundial a administración de Togo pasou a mans francesas, das que logrou a independencia en 1960.
En 1967 Gnassingbé Eyadéma liderou un golpe de estado co que se converteu en presidente. No momento da súa morte, no 2005, Eyadéma foi o líder que máis tempo gobernou nun país na historia moderna de África, estando 38 anos no cargo. No mesmo ano o seu fillo Faure Gnassingbé ascendeu á presidencia.