Tokyo Dome | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 35°42′20″N 139°45′07″L / 35.705658333333, 139.75191388889 |
Localización | Bunkyō, Xapón |
Alcume | The Big Egg (o Grande Ovo) |
Construción | |
Construción | 16 de maio de 1985 |
Inauguración | 17 de marzo de 1988 |
Arquitecto | Takenaka Kōmuten, Nikken Sekkei |
Custo | ¥ 35.000 millóns |
Estadio | |
Superficie | Céspede artificial |
Dimensións | Left Field – 100 m (328,1 ft) Left Center Field – 110 m (360,9 ft) Center Field – 122 m (400,3 ft) Right Center Field – 110 m (360,9 ft) Right Field – 100 m (328,1 ft) |
Capacidade | 46.000 espectadores |
Propietario | Tokyo Dome Kigyō |
Operadora | Tokyo Dome Corporation |
Localía | Yomiuri Giants (1988–presente) Nippon-Ham Fighters (1988–2003) |
Web | https://www.tokyo-dome.co.jp/dome/, https://www.tokyo-dome.co.jp/en/tourists/dome/, https://www.tokyo-dome.co.jp/zh-CHS/tourists/dome/, https://www.tokyo-dome.co.jp/zh-CHT/tourists/dome/ e https://www.tokyo-dome.co.jp/ko/tourists/dome/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Tokyo Dome (東京ドーム Tōkyō Dōmu?), alcumado The Big Egg (do inglés: o Gran Ovo), é un parque de béisbol situado no barrio de Bunkyō, en Toquio (Xapón). O estadio foi comezado a construír o 16 de maio de 1985 e inaugurado o 17 de marzo de 1988. Foi construído onde estaba o Velódromo, ao lado do antigo estadio Kōrakuen Kyūjō. Ten capacidade para 55.000 espectadores, 46.000 no caso de estaren todos sentados.[1] Desde 1988 é o estadio local dos Yomiuri Giants da Liga Central da Nippon Professional Baseball (NPB). Entre 1088 e 2003 tamén foi sede dos Nippon-Ham Fighters da Liga do Pacífico da NPB. Ten albergado tamén encontros doutros desportes como o fútbol, fútbol americano ou artes marciais, así como concertos. No estadio está situado tamén o Salón da Fama do béisbol xaponés.