![]() (2008) ![]() | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1943 ![]() Maidenhead, Reino Unido (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (1975–1978), piloto de carreiras ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Tony Trimmer, nado en Maidenhead, Berkshire o 24 de xaneiro de 1943, é un expiloto de carreiras de Inglaterra, que gañou o Shell Campionato do Reino Unido de Fórmula 3 e o trofeo E.R. Hall en 1970.[1]
Tony Trimmer tamén gañou a prestixiosa Carreira de Mónaco de F3 en 1970 pilotando un Brabham BT-28 e terminou segundo detrás de Patrick Depailler na edición de 1972.
Trimmer PARTICIPOU en seis Grandes Premios do Campionato do Mundo con equipos non competitivos, primeiro con Maki, en catro carreiras en 1975 e 1976, non logrando cualificar en ningunha das catro. Participou entón o Gran Premio do Reino Unido de 1977 (non logrou pre-cualificar) e no Gran Premio do Reino Unido de 1978 (non cualificou), co equipo Melchester Racing, pilotando un Surtees TS19 e un McLaren M23 respectivamente. Con todo, pilotando tamén o McLaren de Melchester, terminou terceiro nunha magnífica carreira fóra de campionato, baixo a chuvia no BRDC International Trophy de 1978 en Silverstone, chegando a meta diante de moitos dos grandes da Fórmula 1. Ese ano gañou o Campionato do Reino Unido Aurora F1.
Trimmer tamén foi unha das poucas persoas en pilotar o Connew (Fórmula 1), na súa última carreira (posteriormente correu coas especificacións da Fórmula 5000) en 1973. Con todo o coche chocou cunha barreira en Brands Hatch despois de que rompese un amortecedor traseiro.[2]
Separadamente das carreiras do Campionato do Mundo, Trimmer correu en moitas carreiras de F1 fóra de campionato e é quizais un dos pilotos que pilotou a maior variedade de coches de Fórmula Un de todos os tempo. A lista inclúe o gran Lotus 72 na Carreira de Campións de 1971, o March 701, o Lotus 49, o Fittipaldi F-8 e o único Safir RJ-02 (tamén coñecido como Token RJ-02), pasando desde os vellos tempos do "tubby" Lotus 49 ata o autentico wing-car Fittipaldi F8.