Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Charles Anthony Standish Brooks 25 de febreiro de 1932 Dukinfield (Reino Unido) | ||||||||||||||||||||||
Morte | 3 de maio de 2022 (90 anos) Ottershaw, Reino Unido (en) | ||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Manchester - odontoloxía (1950–) Mount St Mary's College (en) Barlborough Hall School (en) | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, piloto de carreiras | ||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
Charles Anthony Standish Brooks, nado en Dukinfield (Cheshire) o 25 de febreiro de 1932 e finado o 3 de maio de 2022,[1] foi un piloto inglés tamén coñecido como o "piloto dentista". Participou en 39 grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, onde debutou o 14 de xullo de 1956. Obtivo a primeira vitoria dun piloto británico nun coche británico nun Gran Premio desde 1923, en 1955 pilotando un Connaught en Siracusa, nunha carreira fóra do Campionato do Mundo.