Toroide

Toroide xerado por un cadrado.

En xeometría o toroide é a superficie de revolución xerada por un polígono ou unha curva plana pechada simple que vira ao redor dunha recta exterior coplanar (o eixo de rotación) coa que non se intercepta. A súa forma correspóndese coa superficie dos obxectos que, na fala cotiá, se denominan argolas, aneis, aros, rosquillas, donas ou donuts. A palabra toroide tamén se usa para referirse a un poliedro toroidal, a superficie de revolución xerada por un polígono que vira ao redor dun eixo.

Toro, xerado por un círculo.
Toro, modelo en 3 dimensións.

Cando a curva pechada é unha circunferencia, a superficie denomínase toro. En linguaxe cotiá denomínase anel ao corpo cuxa superficie exterior é un toro, o que ilustra a diferenza entre unha superficie e o volume encerrado por ela.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne