Toronto Maple Leafs

Toronto Maple Leafs
Fundación1917
Cidade Toronto,
Ontario
Canadá
EstadioAir Canada Centre
(18.800 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónAtlantic
Campionatos13
Propietario(s)Maple Leaf Sports & Entertainment Ltd.
Director Lou Lamoriello
Adestrador Mike Babcock
Afiliado(s)Toronto Marlies (AHL)
Orlando Solar Bears (ECHL)
CoresAzul, branco
           
Na rede
http://mapleleafs.nhl.com/
Facebook: torontomapleleafs Twitter: MapleLeafs Instagram: torontomapleleafs Editar o valor en Wikidata

Os Toronto Maple Leafs son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Toronto (Ontario, Canadá) que compite na National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. Dende 1999 o equipo xoga os seus partidos como local no Air Canada Centre, logo de ter xogado a maior parte da súa historia no Maple Leaf Gardens . É o segundo equipo que máis veces gañou a Stanley Cup cun total de 13 título, o último deles en 1967, ademais de gañar dúas veces o Prince of Wales Trophy e finalizar cinco veces como campión da súa división.

Fundados en 1917, os Maple Leafs son o segundo equipo máis antigo de toda a competición por detrás dos Montreal Canadiens. Inicialmente o equipo recibiu o nome de Toronto Blueshirts, pasando no seu segundo ano de existencia a denominarse Toronto Arenas, e en 1919 mudou de novo de nome para pasar a chamarse Toronto St. Patricks, denominación que mantería ata 1927, cando adoptou o seu nome actual. A franquía é un dos equipos denominados "Original Six", o nome que reciben os equipos que competiron na NHL dende 1942 ata a expansión de 1967.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne