Toronto Raptors | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Atlántico |
Fundación | 1995 |
Cores | Vermello, branco |
G League | Raptors 905 |
Localización | |
Cidade | Toronto, Ontario |
Pavillón | Scotiabank Arena |
Capacidade | 19.800 espectadores |
Inauguración | 19 de febreiro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Maple Leaf SE |
Presidente | Masai Ujiri |
Director | Bobby Webster |
Adestrador | Nick Nurse |
Títulos | |
Campión | 1 (2019) |
Conferencia | 1 (2019) |
División | 6 (2007, 2014, 2015, 2016, 2018, 2019) |
raptors.com |
Os Toronto Raptors son un equipo de baloncesto profesional da cidade de Toronto, Ontario, no Canadá. Xogan na División Atlántico da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). O equipo formouse en 1995, xunto aos Vancouver Grizzlies, como parte da expansión da NBA cara Canadá. Cando os Grizzlies se trasladaron a Memphis, Tennessee, para converterse nos Memphis Grizzlies en 2001, os Raptors convertéronse no único equipo canadense da NBA. Comezaron xogando os seus partidos coma locais no SkyDome (renomeado coma Rogers Centre en 2005), antes de trasladarse ao Air Canada Centre en 1999.