Un toucador é un moble que serve para enfeitarse e adobiarse,[1] ou para arranxar o peiteado ou a disposición de calquera peza para cubrir a cabeza.
Con forma habitualmente de escritorio adoita constar dun espello e unha serie de caixóns onde se poden gardar os instrumentos, cosméticos, perfumes e adornos necesarios para tal fin. Adoita situarse no dormitorio ou peza contigua denominada tamén toucador.