![]() ![]() | |
Nome oficial | Santos Tour Down Under 2016 ![]() |
---|---|
Tipo | Tour Down Under ![]() |
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Parte de | UCI World Tour 2016 ![]() |
Distancia do evento | 781,3 km ![]() |
Lugar de saída | Prospect ![]() |
Liña de meta | Adelaida ![]() |
Número de participantes | 140, inicio 134, final ![]() |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2016, Astana 2016, BMC Racing 2016, Cannondale-Drapac 2016, Dimension Data 2016, Etixx-Quick Step 2016, FDJ 2016, Giant-Alpecin 2016, IAM 2016, Katusha 2016, Lampre-Merida 2016, Lotto NL-Jumbo 2016, Lotto-Soudal 2016, Movistar 2016, Orica-BikeExchange 2016, Sky 2016, Tinkoff 2016, Trek-Segafredo 2016, Drapac 2016 e UniSA-Australia 2016 ![]() | |
Localización e Datas | |
País | Australia ![]() |
Intervalo de tempo | 19 de xaneiro de 2016 – 24 de xaneiro de 2016 ![]() |
Número de edición | 18 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Simon Gerrans Richie Porte Sergio Henao Simon Gerrans Sergio Henao Jay McCarthy Cannondale-Drapac 2016 ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | tourdownunder.com.au ![]() |
A 18ª edición do Tour Down Under (oficialmente denominada: 2016 Santos Tour Down Under) celebrouse nos arredores de Adelaida, Australia entre o 19 e o 24 de xaneiro de 2016.
A carreira comezou en Prospect e tras 781 quilómetros rematou en Adelaida. Nela participaron 140 ciclistas de 20 equipos, un número de 7 por equipo. A etapa raíña foi a quinta, que tivo final no outeiro de Willunga.
Esta proba foi a carreira inaugural do UCI WorldTour 2016. O gañador foi o australiano Simon Gerrans, que empregou un tempo de 17 horas 19 minutos e 9 segundos para percorrer os 781,3 km cunha velocidade media de 40,7 km/h. Ademais, Simon Gerrans tamén logrou o maillot vermello dos sprints. O resto do podio conformárono o tamén australiano Richie Porte (que xa quedara segundo na pasada edición) seguido do colombiano Sergio Henao.
Nas clasificacións secundarias, o tamén australiano Jay McCarthy gañou o maillot branco dos xoves, o colombiano que finalizou terceiro da xeral Sergio Henao venceu na montaña e o equipo norteamericano do Cannondale-Drapac na clasificación dos equipos.