Tipo | Tour Down Under |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI WorldTour 2018 |
Distancia do evento | 783,8 km |
Lugar de saída | Port Adelaide (en) |
Liña de meta | Adelaida |
Número de participantes | 131, inicio 125, final |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2018, Astana 2018, BMC Racing 2018, Bora-Hansgrohe 2018, Dimension Data 2018, EF Education First-Drapac 2018, Groupama-FDJ 2018, Lotto-Soudal 2018, Movistar 2018, Mitchelton-Scott 2018, Quick-Step Floors 2018, Sky 2018, Sunweb 2018, Bahrain-Merida 2018, Katusha-Alpecin 2018, Trek-Segafredo 2018, Lotto NL-Jumbo 2018, UAE Emirates 2018 e UniSA-Australia 2018 | |
Localización e Datas | |
País | Australia |
Intervalo de tempo | 16 de xaneiro de 2018 – 21 de xaneiro de 2018 |
Número de edición | 20 |
Competición | |
Primeiro posto | Daryl Impey Richie Porte Tom-Jelte Slagter Peter Sagan Egan Bernal Nicholas Dlamini Bahrain-Merida 2018 |
Outro | |
Páxina web oficial | tourdownunder.com.au |
A 20º edición do Tour Down Under, oficialmente 2018 Santos Tour Down Under, disputouse nos arredores de Adelaida, Australia entre os días 16 e o 21 de xaneiro de 2018. Esta proba, coma todos os anos, foi a carreira inaugural do UCI WorldTour 2018.
A carreira comezou en Port Adelaide e logo dun percorrido de 783,8 quilómetros marcados pola intensa calor[1] rematou en Adelaida. Nela participaron 140 ciclistas de 20 equipos, un número de 7 por equipo. A etapa raíña foi a quinta, co habitual final en alto no outeiro de Willunga.
O gañador foi o surafricano Daryl Impey, que acabou igualado a tempos co local Richie Porte, pero que venceu por ser moito máis regular nas posicións ao final das tiradas, logrando así o característico xersei ocre da proba austral. No terceiro posto da xeral acabou o neerlandés Tom-Jelte Slagter.
No entanto ás clasificacións secundarias, o campión do mundo eslovaco Peter Sagan logrou o maillot verde dos puntos, o surafricano Nicholas Dlamini venceu na montaña, o colombiano Egan Bernal conseguiu o branco dos mozos e o equipo do Bahrain-Merida levou a clasificación dos equipos.