Tipo | Tour de Francia ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Parte de | UCI WorldTour 2015 ![]() |
Distancia do evento | 3.360 km ![]() |
Lugar de saída | Utrecht ![]() |
Liña de meta | París ![]() |
Número de participantes | 198, inicio 160, final ![]() |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2015, Astana 2015, BMC Racing 2015, Cannondale-Garmin 2015, Etixx-Quick Step 2015, FDJ 2015, Giant-Alpecin 2015, IAM 2015, Katusha 2015, Lampre-Merida 2015, Lotto NL-Jumbo 2015, Lotto-Soudal 2015, Movistar 2015, Orica-GreenEDGE 2015, Sky 2015, Tinkoff-Saxo 2015, Trek Factory Racing 2015, Bora-Argon 18 2015, Bretagne-Séché Environnement 2015, Cofidis 2015, Europcar 2015 e MTN-Qhubeka 2015 ![]() | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Países Baixos e Bélxica ![]() |
Intervalo de tempo | 4 de xullo de 2015 – 26 de xullo de 2015 ![]() |
Número de edición | 102 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Christopher Froome Nairo Quintana Alejandro Valverde Peter Sagan Christopher Froome Nairo Quintana Romain Bardet Movistar 2015 ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.fr… ![]() |
O Tour de Francia 2015 foi a 102ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto. O comezo da rolda gala celebrouse en Utrecht, Países Baixos e finalizou, coma se vén facendo estes últimos 40 anos, na Avenida dos Campos Elisios de París. Unha das novidades desta edición do Tour foi que se recuperaron as bonificacións para todas as etapas en liña (dende o Tour do 2007 non as había), premiando aos tres primeiros de cada etapa con 10, 8 e 6 segundos menos respectivamente.
O gañador final do maillot jaune foi o británico Chris Froome, na segunda posición rematou o colombiano Nairo Quintana e no terceiro lugar quedou o español Alejandro Valverde.
O maillot vert (verde) levouno o sprinter eslovaco Peter Sagan que dominou esta clasificación durante bastante tempo malia non gañar ningunha etapa. O maillot à pois rouges (a puntos vermellos) gañouno o campión, Chris Froome. Na clasificación do maillot blanc (branco) reinou o segundo da clasificación xeral, Nairo Quintana. A clasificación por equipos foi para o equipo navarro do Movistar Team e o premio supercombativo para o xove francés Romain Bardet.
O sprinter alemán André Greipel tamén foi un dos homes importantes da carreira, xa que venceu en catro etapas (unha delas a de París) e vestiu o maillot verde durante varios días.