Tour de Francia 2016

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2016
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI World Tour 2016 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.529 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaLe Mont-Saint-Michel Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
174, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, España, Andorra e Suíza Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo2 de xullo de 2016 – 24 de xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata
Número de edición103 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoChristopher Froome
Romain Bardet
Nairo Quintana
Peter Sagan
Rafał Majka
Adam Yates
Peter Sagan
Movistar 2016 Editar o valor en Wikidata

2015 Editar o valor en Wikidata
Mapa dos países participantes.

O Tour de Francia 2015 foi a 103ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. A edición deste ano disputouse entre os días 2 e 24 de xullo de 2016. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, das cales 9 eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e outras 9 maioritariamente chás deseñadas para sprinters. Ademais, este trazado tamén se caracterizou por ter discorrido por 4 países. Estes son: España, Andorra e Suíza ademais de Francia.

O pistoletazo de saída do Tour deuse no Mont Saint-Michel, rexión da Normandía e finalizou, coma é habitual, co paseo arredor do circuíto polo centro de París e que ten a meta na Avenida dos Campos Elisios. Esta proba foi a décimo novena no circuíto UCI WorldTour 2016.

A carreira gañouna por terceira vez (segunda consecutiva) o inglés nado en Kenya Christopher Froome. O ciclista do Team Sky demostrou a súa superioridade en todos os terreos (ata correndo a pé) e venceu por unha gran diferenza, debido tamén á axuda que lle prestou o seu equipo, demostrando ser unha estrutura moi forte e case infranqueábel. Tralo inglés rematou o local Romain Bardet que atacou na antepenúltima etapa saltando da quinta posición á segunda. No terceiro lugar acabou o Colombiano Nairo Quintana que era un gran favorito para a vitoria final pero que decepcionou ao non ser o mellor nos Alpes.

Dentro das clasificacións secundarias, o eslovaco Peter Sagan logrou o seu quinto maillot verde consecutivo por unha grande diferenza, que se tornou en maior logo de que a revelación do vello sprinter Mark Cavendish con catro etapas, se retirara para preparar o ciclismo en pista dos Xogos Olímpicos de Río. Ademais, o eslovaco do Tinkoff tamén logrou o premio supercombativo. Na clasificación do mellor escalador, o polaco Rafał Majka conseguiu a súa segunda vitoria nesta clasificación, logo de vencer por unha ampla vantaxe de puntos ao igual que o seu compañeiro de equipo na clasificación dos puntos. Entre os xoves, o compatriota do maillot amarelo, Adam Yates venceu tras unha bonita pelexa co surafricano Louis Meintjes. O mellor equipo volveu ser por terceiro ano seguido o Movistar Team.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne