Toxina Shiga

Modelo da toxina Shiga (Stx) de S. dysenteriae (de PDB 1R4Q).

As toxinas Shiga son unha familia de exotoxinas bacterianas relacionadas das que hai dous grupos principais, Stx1 e Stx2, cuxos xenes se considera que son parte do xenoma de profagos lambdoides incluídos no xenoma bacteriano.[1] As toxinas reciben o nome de Shiga por Kiyoshi Shiga, o investigador xaponés que descubriu a orixe bacteriana da disentería causada por Shigella dysenteriae. A orixe máis común das toxinas Shiga son as bacterias S. dysenteriae e as do grupo Shigatoxixénico de Escherichia coli (STEC), no cal se inclúen os serotipos O157:H7, O104:H4 e outras E. coli enterohemorráxicas.[2]

  1. Friedman D, Court D (2001). "Bacteriophage lambda: alive and well and still doing its thing". Curr Opin Microbiol 4 (2): 201–7. PMID 11282477. doi:10.1016/S1369-5274(00)00189-2. 
  2. Beutin L (2006). "Emerging enterohaemorrhagic Escherichia coli, causes and effects of the rise of a human pathogen". J Vet Med B Infect Dis Vet Public Health 53 (7): 299–305. PMID 16930272. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne