Traballo por quendas é unha modalidade laboral na que o traballador pode realizar a súa tarefa ó longo das 24 horas do día. O día queda pois dividido en quendas, ou intervalos de tempo durante os cales diferentes grupos de traballadores realizan a súa tarefa. Con este termo, e as súas repercusións negativas para a saúde, englóbase tanto ós traballadores que sempre teñen horario nocturno, como aqueles cuxos horarios alternan, e unhas veces son en horas de noite, e outras non.[1][2][3]
En medicina e epidemioloxía, o traballo por quendas é considerado un factor de risco para algúns problemas de saúde, xa que as perturbacións do ritmo circadiano poden facer medrar a probabilidade de chegar a desenvolver doenzas cardiovasculares, problemas cognitivos, diabetes e obesidade, entre outras patoloxías.[4][5] O traballo por quendas pode tamén ter repercusións nas relacións conxugais, familiares e persoais.[6]
...outside regular daytime hours (i.e., between approximately 0700 and 1800 Monday through Friday).