Trainspotting | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Trainspotting |
Director | Danny Boyle |
Produtor | Andrew Macdonald |
Guión | John Hodge |
Baseado en | Trainspotting de Irvine Welsh |
Intérpretes | Ewan McGregor Ewen Bremner Jonny Lee Miller Kevin McKidd Robert Carlyle Kelly Macdonald |
Fotografía | Brian Tufano |
Montaxe | Masahiro Hirakubo |
Estudio | Channel Four Films |
Distribuidora | PolyGram Filmed Entertainment (Reino Unido) Miramax Films (Estados Unidos) |
Estrea | 23 de febreiro de 1996 |
Duración | 93 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | ₤1 550 000[2] |
Recadación | $72 000 000[3] |
Filme seguinte | T2 Trainspotting |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/trainspotting | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Trainspotting é un filme británico de comedia negra dirixido por Danny Boyle que se estreou no Reino Unido o 23 de febreiro de 1996.[4] Baséase na novela homónima de Irvine Welsh. Está protagonizado por Ewan McGregor, Ewen Bremner, Jonny Lee Miller, Kevin McKidd, Robert Carlyle e Kelly Macdonald, no seu debut como actriz.
O guión, escrito por John Hodge conta a historia dun grupo de adictos á heroína nunha área economicamente deprimida de Edimburgo e o seu paso pola vida. Alén da adicción ás drogas, o filme tamén explora a pobreza urbana e a desgraza da "culturalmente rica" Edimburgo.[5]
O filme foi clasificado no posto número 10 polo British Film Institute (BFI) na súa lista dos 100 mellores filmes británicos do século XX. No 2004, o filme foi escollido como o mellor filme escocés de tódolos tempos segundo unha enquisa xeneralizada ó público.[6] Unha secuela, T2 Trainspotting, foi estreada en xaneiro de 2017.