Trainspotting | |
---|---|
Título orixinal | Trainspotting |
Autor/a | Irvine Welsh |
Orixe | Escocia |
Lingua | inglés e escocés |
Xénero(s) | Drama |
Editorial | Secker & Warburg |
Data de pub. | 1993 |
Formato | Tapas dura e brandas |
Páxinas | 344 |
ISBN | 0-7493-9606-7 |
Precedido por | Skagboys |
Seguido por | Porno |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trainspotting é unha novela do escritor escocés Irvine Welsh, publicada por vez primeira en 1993. É unha colección de historias curtas, escritas en escocés, inglés de Escocia ou inglés británico, que xiran arredor duns adictos á heroína que viven en Leith, Edimburgo. Todos os personaxes son amigos e adictos que participan en actividades destrutivas por mor da súa drogadicción. A novela está ambientada a finais de 1980.[1] A novela acadou o status de libro de culto, en parte debido ó éxito global da súa adaptación ó cinema, Trainspotting (1996), dirixida por Danny Boyle.[2] Welsh escribiu a secuela, Porno, en 2002. Skagboys, unha novela que serve como precuela, foi publicada en abril de 2012.[3]